CAMPOS
 Cambre, Pobo solidario
  
  BOLETÍN INFORMATIVO - Outubro 2007
CAMPOS
 Cambre, Pobo solidario
 
 BOLETÍN INFORMATIVO - Outubro 2007 
 
 
 PROGRAMA DE BECAS ESCOLARES:
 
 Dende o día 12 ao 20 de setembro pasado traballamos no Barrio Palestina de Al Hoceima (Marrocos) para levar a cabo o programa de becas escolares. A cantidade recaudada sobrepasou lixeiramente os 1.500 euros, suma coa que foi posible:
 
 -Dotar a 61 nenos e nenas de libros, material escolar para todo o curso, mochila e uniforme escolar (mandilón).
 
 -Adquirir roupa e calzado para tres nenos/as en situación económica moi precaria.
 
 -Levar a un neno con graves problemas de visión a consulta do oftalmólogo e mercarlle mediciñas e gafas.
 
 -Crear o xerme dun pequeno comedor social para nenos/as ós que as familias non poden alimentar axeitadamente. De momento hai dous nenos orfos de 9 e 11 anos e pagamos a súa alimentación ata finais de decembro.
 
 
 PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO
 
 Estamos mirando a posta en marcha dos primeiros programas de voluntariado para a xente de Cambre. Como sabedes, os previstos inicialmente, son:
 
 -Crear un Banco de Tempo.
 -Sensibilización para a cooperación internacional.
 -Formación en intelixencia emocional para prevención da violencia.
 
 
 MOITAS GRACIAS A TOD@S