Os día 17 e 18 deste mes terán lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo o curso "As Ensinanzas Artísticas e o Espazo Europeo da Educación Superior", organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dirixida aos profesores de música e artes escénicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Co obxectivo de iniciar un debate e un proceso de adecuación dos centros galegos neste novo marco educativo comunitario preséntase este curso de formación do profesorado no que intervirán personalidades de distintas áreas do ámbito educativo relacionadas cas ensinanzas artísticas e co espazo europeo de educación superior con relatorios como ‘A Declaración de Bolonia’, ‘As ensinanzas artísticas superiores e a LOE’, ‘Organización das ensinanzas artísticas superiores’ e ‘Os centros de ensinanzas artísticas e os retos do Espazo Europeo da Educación Superior’.
» Máis información
» Ler a entrada na bitácora "A Partir da Música de Cámara"