O colectivo vigués presentará na Galería Sargadelos de Vigo o libro de poemas 'A porta verde do sétimo andar'. A cita será o xoves 20 de setembro, ás 20 horas.
Despois de dous anos de actividade, promovendo o activismo poético en distintos locais da cidade de Vigo, 'A porta verde do sétimo andar' saca do prelo a súa primeira obra colectiva. En edición d@s autor@s, Elvira Riveiro Tobío, Alfonso Láuzara, Luís Viñas, Cruz Martínez, Rosa Martínez, Manolo Pipas, Abilio Rodríguez, Alfonso Rodríguez e Alberte Momán, aportan nove formas de traspasar as portas da poesía.
O libro, que non se atopa nas librerías, pódese solicitar por medio do correo electrónico aportaverde[arroba]gmail.com, ou asistindo aos actos do colectivo. O custe é de 10 €.