Fai 7 anos ista festa tivo que ser suspendida por intereses especulativos que tentaron roubarlle a Capela do San Caetano ó pobo. Os veciños de celeiro no concello lugués de Barreiros e as tortillas son os grandes protagonistas dista festa que retorna ó calendario festeiro do que nunca tivo que estar ausente.
o venres comeza o gran estalo cos gaiteiros da Pena do Golpe, despois Festicultores co seu chimpín invadirán o campo da festa e por último verbea co Trío Sesión.
O sábado a tortela será a gran protagonista no mediodía co gran concurso diste prato que irá dende o premio á mais grande , a máis saborosa e a mellor presentada. Spaguetti Títeres amenizarán a tarde xunto cos gaiteiros de Tumba e Dalle para pola noite no gran caseto-palloza da LNB vivir a loucura da presentación oficial da SUPERLIGA-2007-08 para rematar arrolados fronte ó palco donde actuaran Pentagrama e Flamingo , a organización planea rematar a festa cunha gran chocolatada cos que aínda manteñan o equilibrio e revolban a lingua. Se estades fartos das festas convencionais e tendes patacas e ovos suficientes achégadovos ó San Caetano para compartir coa LNB e os veciños de Celeiro de Mariñaos da grande tortela da victoria.
www.ovaral.blogspot.com