A FAVEC creará diferentes secretarías na cidade para poñer en marcha un novo servizo orientado a impulsar e favorecer os intercambios de tempo. Infórmate xa de como comezar a prestar e recibir tempo para aprender, formarte, gozar do teu tempo libre ou para o que se che ocorra!Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual.
Como participar
Entrar a formar parte dos Bancos do Tempo é moi sinxelo, tan só tes que achegarte a unha das 5 secretarías que se porán en funcionamento na cidade e que estarán ubicadas en: * Federación Veciñal Eduardo Chao (zona centro): pz. da Princesa nº7, 2º. A.V. Fonte do Galo (zona centro - Areal): travesía Rosalía de Castro 41z baixo. A.V. A Paz (zona A Doblada): rúa Pardal nº14 baixo. A.V. de Coruxo (Coruxo): Avda. Ricardo Mella nº296. (*IMPORTANTE: polo momento e ata o mes de agosto todos os servizos serán prestados dende a secretaría da Federación Veciñal onde tamén dispón dun teléfono de información: 986 22 30 67 e enderezo de e-mail: bancosdotempo@eduardochao.org. Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver .)Cando un novo cliente chega a unha secretaría do BdT se lle fai unha entrevista na que tomamos o primeiro contacto, se lle explica en que consiste o proxecto e se lle pregunta por que quere abrir unha conta neste banco e dúas son as preguntas esenciais, por unha banda ¿que queres dar? e, por outra banda ¿que queres recibir? Estas dúas cuestións son básicas e as dúas teñen que ter unha resposta concreta.
No BdT hai que dar e recibir, non se pode vir só a dar, hai que querer recibir algo dos demais. Con esta lista de ofertas e demandas estamos a confeccionar un catálogo para que todos os clientes deste banco coñezan os servizos dispoñibles e así pór en contacto ás persoas interesadas, deste xeito poderemos cumprir o obxectivo do intercambio de servizos pero tamén o obxectivo da convivencia.
Os servizos que se prestan e se reciben se pactan entre as partes interesadas, o BdT só pon en contacto á xente, pero as características do servizo se definen individualmente. Pero o BdT resérvase o dereito de admisión en caso de que alguén no cumpra as normas básicas de convivencia, respecto e compromiso.
Pero un non se fai cliente do BdT ata a segunda entrevista. A segunda entrevista faise logo dunha semana para que a xente teña tempo de asegurarse de si realmente quere darse de alta. Unha vez dado de alta se lle entrega un talonario para "pagar" o TEMPO recibido. As horas se suman cando se prestan servizos, e se restan cando se reciben.
O obxectivo é que a conta teña un equilibrio entre o recibido e o entregado, non se poden ter moitas horas acumuladas (sinal de que se dá moito pero se recibe pouco) nin ter saldo en negativo (sinal de que se recibe moito e se dá pouco). A persoa que está ao fronte do BdT pode chamar ao cliente que teña desequilibrio no saldo bancario e instarlle a equilibralo, dando ou recibindo en función da necesidade.
Desde as secretarías do BdT organizaranse actividades para que os clientes do banco se coñezan, para que compartan as súas inquedanzas e o BdT sexa un referente de participación cidadá.DOSSIER1. PresentaciónOs Bancos do Tempo son espazos concebidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural. O Proxecto Conta con Elas (enmarcado dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo) impulsa de xeito experimental a súa posta en marcha, entendendo os "bancos do tempo" como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.2. Qué son os Bancos do TempoO Banco do Tempo é primeiro Banco que funciona sen cartos. Neste Banco únicamente se pode depositar tempo, que se retira no momento de ser utilizado.3. Dinámica de funcionamentoUna persona deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servicio que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutra ou outras personas para algunhas necesidades do día a día.4. Obxectivos e destinatariosOs Banco do Tempo queren promover o intercambio gratuíto de servizos entre as persoas de calquera idade dando a oportunidade para que as personas se conozcan y confíen nos demais para poder resolver as necesidades de la vida diaria e levar a cabo actividades satisfactorias.Están abertos aos homes e mulleres, buscando sempre a mellora da calidade de vida, potenciar as relacións de veciñanza e axudar á conciliación da vida persoal e laboral.5. Como formar parteTodas as personas temos cousas para ofrecer e pedir. Cualquera muller, home, maior ou xove pode inscribirse no Banco do Tempo poñéndose en contacto coa sede máis próxima.En todos os casos, é conveniete manter unha entrevista coa persoa que estea ao cargo da secretaría do Banco do Tempo para aclarar o que podemos ofrecer, o que queremos recibir e durante cantas horas.A admisión no Banco do Tempo implicará a aceptación dunhas normas de intercambio. 6. Que se pode intercambiarA modo de exemplo pódense intercambiar os seguintes servizos:- Acompañar a nenas y nenos ao colexio ou a outras actividades.- Ler contos, xogar con nenos e nenas, axudar a facer os deberes...- Coidar a nenas e nenos ou a outras persoas durante períodos curtos de enfermidade.- Acompañar a personas maiores ao médico, á farmacia, ao banco, a xestións...etc.- Pasar traballos a ordenador.- Facer a compra.- Desenvolver pequenas tarefas domésticas.- Coidar animais domésticos e prantas.- Pasear, acompañar al cine, al teatro, exposiciones, etc.- Pequenas repacións domésticas, de automóbiles...- Desprazamentos e transportes.Teñen os Bancos do Tempo moitas máis posibilidades e potencialidades que se irán desenvolvendo a medida que se vaia xenerando unha oferta e unha demanda por parte dos seus usuari@s.7. Como se fai o intercambioA unidade de intercambio nos Bancos do Tempo é a hora, independientemente do servizo que se ofreza ou que se reciba.Nestes bancos, o tempo é a riqueza principal e polo tanto a unidade de valor.Cada persoa que participa no banco do tempo disporá dun talonario que utilizará en cada momento que use o seu tempo a favor doutra persoa e informará mensualmente á secretaría do tempo utilizado e recibido.A secretaría enviará periódicamente ás persoas que participan o estado da súa conta corrente de tempo, xunto cunha lista dos servizos que se poden intercambiar.A secretaría tamén realizará unha revisión global dos movementos de cada conta corrente e avisará ás persoas que se atopen en situación de desequilibrio de tempo, tanto se é porque deron moito como se recibiron pouco.Así mesmo, unha persoa que non usara os seus créditos de recepción de tempo, pode transferilos voluntariamente a outra persoa integrante do banco do tempo.8. Fases do proxectoO proxecto, nunha primeira fase, organizou o obradoiro de formación "Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo" dirixido a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo, que tivo lugar nos meses de febreiro e abril.Xa nesta segunda fase, Conta con Elas impulsa e financia a creación de 5 Bancos do Tempo na cidade de Vigo. Conta con Elas financiará durante 6 meses o funcionamento e cede o equipamento informático e material dos bancos do tempo. 9. Creación dos BancosO proxecto gañador para crear os Bancos do Tempo na cidade foi o da Federación Veciñal de Vigo "Eduardo Chao".A proposta da FAVEC para obter a maior repercusión posible na cidade baseuse nun proxecto que posibilita a súa execución en catro puntos diferentes, ademais dunha oficina central (sita no local social da FAVEC). Catro puntos que combinan o rural e o urbano chegando á maior cantidade de persoas e aos perfís máis plurais posibles. As sés estarán situadas, no ámbito urbano, na Federación Veciñal de Vigo "Eduardo Chao" e na Secretaría da A.V. Fonte do Galo no Areal; no ámbito semiurbano na Secretaría da A.V. A Paz na Doblada; e no ámbito rural. para mas informacion: http://www.favec.es/index.php?option=com_content&task=view&id=212&Itemid=284 O bien poniendose en contacto con: Federacion de Veciños Eduardo Chao. pers. de contacto: Ramona Rodriguez. tfno.: 986 223067 e-mail: bancosdotempo@eduardochao.org