Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O MORRAZO NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2007: BUEU

     Bótalle unha ollada a este artigo para saber como se presenta a pugna electoral no concello morracense de Bueu.

Enviada por Boedense Boedense o 12/05/2007 13:56
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

     Xa quedan poucas semanas para os comicios electorais na vila de Bueu. Son moitas as interrogantes que fican abertas nesta nova xeira. Nas municipais de 2003, o PP acadou 7 concelleiros; BNG, 6; PSOE, 2 e Independentes por Bueu (escisión do PSOE local), 2. Un escenario político moi aberto que ten tódalas trazas de se repetir. As incógnitas que despexarán o vindeiro 27 de maio serán as seguintes:
a) Cal será a forza política máis votada? A priori, o previsible sería que BNG ou PP loitasen nesa batalla. Lembremos que o BNG na primeira parte da lexislatura pasada mercé ó apoio de IBueu, que lle retirou a confianza e participou na moción de censura do PP co conseguinte cambio na alcaldía.

b)Ante a previsible ausencia de maioría absoluta, cal será a política de pactos dos diferentes partidos. Neste sentido, é importante saber a representación que acadarán IBueu e PSOE de cara ás negociacións posteriores. Os dous intentarán converterse en partidos bisagras. Segundo fontes consultadas próximas a IBueu, os independentes parten coa boas expectativas electorais e non descartan pactos con ningunha forza política, nin sequera co PP.

Esta campaña comeza salpicada pola extorsión da ex-concelleira de Cultura, Alicia Fiel, a un matrimonio que se ía casar na Casa Consistorial ante unha presunta débeda que mantiñan co seu pai, o construtor José Fiel. O caso de abuso de autoridade saltou á palestra informativa e motivou que a demisión dela, axudada tamén polas deterioradas relacións entre a alcaldesa Elena Estévez e mais ela. O asunto cobra especial importancia pola cambadela política que lle fixo o PP local a Elena Estévez ó ser relegada da candidatura á alcaldía polo avogado José Barreiro, quen incluirá a Alicia Fiel como número 2 da súa lista.

Recentemente, no Concello de Bueu e na parroquia marinense de Seixo acometéronse obras de asfaltado. As obras sufriron un excesivo retraso (máis de 2 meses) que desembocaron nunha manifestación dos propios veciños de Bueu nas últimas semanas. Este feito provocou que o medo invadise as filas do PP local quen fixo dende aquela todo o esforzo posible por acaba-las obras nun tempo record. Cos votos non se xoga.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: