Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Terceira proba do Campionato Galego de Triatlón en Vilagarcía

Desputarase este vindeiro sábado 4 de agosto na praia de Vilaxoán, e é posíbel que xa se coñezan alguns/has dos/as vencedoras do Campionato Galego de Triatlón 2007.

Enviada por breogam breogam o 02/08/2007 16:34

Desputarase este vindeiro sábado 4 de agosto na praia de Vilaxoán, e é posíbel que xa se coñezan alguns/has dos/as vencedoras do Campionato Galego de Triatlón 2007. O Campionato consta de 5 triatlóns, e nos anteriores, o Clube Triatlo Bricosa-Pedras de Santiago impúxose na categoria masculina por diante do Cidade de Lugo Fluvial. Se en Vilaxoán volven vencer os composteláns, acadarán o título. A proba comezará ás 16h cun triatlón de categorías menores, alevín, infantil e cadete; ás 16.45 será o turno para os xuvenís, sub-23, absolutos e veteráns masculinos e a terceira  saída porducirase ás 18h, coas féminas e os cadetes masculinos. Estas dúas últimas probas desputaranse baixo a modalidade "sprint". As/os triatletas terán que completar 750m a nado, 20km en bici e 5km de carreira a pé.
Todos/as os/as que acudamos a ver este triatlón, poderemos desfrutar dun espectáculo deportivo inigualábel, que xunta cada vez máis adeptos tras o tirón de Iván Raña e Xavier Gómez Noia, e que mestura a paixón, o esforzo, o sacrificio, a entrega e a emoción.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Terceira proba do Campionato Galego de Triatlón en Vilagarcía