Os Comités Abertos de Estudantes reclamamos como xa fixemos con anterioridade a mellora das instalacións deportivas nos centros de ensino. Desta vezm por medio dun campionato de fútbol sala dirixido ao estudantado da comarca da Coruña, co único fin de erguer a voz por unhas instalacións deportivas dignas.
Os Comités Abertos de Estudantes reclamamos como xa fixemos con anterioridade a mellora das instalacións deportivas nos centros de ensino. Desta vezm por medio dun campionato de fútbol sala dirixido ao estudantado da comarca da Coruña, co único fin de erguer a voz por unhas instalacións deportivas dignas.
Instalacións deportvias que co paso do tempo deixan de ser un lugar apracíbel para a practica do deporte. O deporte é unha peza fundamental na escola, un deporte que co paso desaparece dos mozos e mozas. Uns estudantes que abandonan o deporte por falta de oportunidades. Poucos centros de ensino contan cunhas instalación deportivas dignas, cunha capacidade mínima para exercer o deporte. Pistas deportivas en moi mal estado. Pabillóns deportivos nos que non hai moita oferta de deportes, cando si hai demanda. Cada vez, son menos os deportes que os estudantes poden exercer. Non podemos esquecernos tamén das poucas oportunidades que hai para os deportes alternativos nos centros de ensino da comarca da Coruña.
Son tamén moitos aqueles e aquelas estudantes que teñen que se desprazar para poder practicar o deporte.
Reclamamos pois, ao Concello d´A Coruña e á própria Consellaría de Educación a mellora das instalacións deportivas nos centros de ensino de toda comarca coruñesa, e en xeral, do país.
Por todo isto e máis, os Comités Abertos de Estudantes farán o vindeiro sábado 26 de Maio un campionato de fútbol sala no I.E.S Salvador de Madariaga (Antigo Masculino) na cidade d´A Coruña. Poderá participar todo o estudantado menos de 19 anos que así o desexe, previa inscripción antes do día 23 de Maio.
Elaborarase un bote co diñeiro acumulado por cada equipa que máis tarde será devolto á equipa gañadora.
A Coruña, 12 de Maio de 2007