Contarán coa presenza do cónsul xeral de Cuba en Galiza. A asociación ABRIGA presentará a I Brigada ‘José Gómez Gayoso’. As charlas concluirán cunha grande festa cubana.
A Asociación Brigadista de Galiza, ABRIGA, organiza este xoves e este venres (28 e 29 de xuño) en Lugo as primeiras Xornadas de Solidariedade con Cuba.
O xoves día 28, o cónsul xeral da República de Cuba, Alejandro Fuentes analizará nunha charla-coloquio a situación actual e histórica de Cuba a través da súa relación cos Estados Unidos. Será ás 20.00 horas no Centro Social Uxío Novoneyra, baixo o título Un largo conflicto: Cuba - EE.UU.
Presentación da brigada ‘Gómez Gayoso’
O venres día 29, tamén ás 20.00 horas, na tenda de comercio xusto A Cova da Terra, (rúa das Nóreas nº 12) membros de ABRIGA presentarán a I Brigada a Cuba ‘José Gómez Gayoso’, e moderarán un coloquio sobre o Movemento Brigadista Internacional.
Posteriormente, a partir das medianoite, no pub ‘EMO’, (rúa das Nóreas nº 5) celebrarase unha festa cubana: diversión asegurada e mojitos da casa.
A Asociación Brigadista de Galiza nace en 2006 como un colectivo de intervención social e cultural.