Vieiros

Vieiros de meu Perfil


As Chozas, novo proxecto de ecoaldea. Actividades 2007

As Chozas é unha aldea situada na Serra do Xuido, provincia de Pontevedra. As Chozas é tamén un proxecto de ecoaldea formado por 14 persoas e que actualmente se atopa en pleno proceso de construción sendo un banco de probas de deseño permacultural así como de técnicas de bioconstrución e outras técnicas sostibles. Ao longo dos meses de xullo e agosto realizaremos a seguinte serie de traballos e actividades. Invitámosche a participar se estás interesade@.

Enviada por Birnarem Birnarem o 25/06/2007 16:02

Actividades

        
  • Traballo con barro e palla: encintado, enfoscados e rebocos, chans.
  •     
  • Construción dun ariete hidráulico.
  •     
  • Traballos de carpintería e cantería en pedra.
  •     
  • Construción dun baño seco.
  •     
  • Curso de permacultura (ver máis abaixo).

Ademais destes traballos realizaremos varios talleres abertos a tod@s. Estes talleres serán unha toma de contacto sobre os conceptos básicos de cada tema. O programa de talleres é:
        
  1. Que é a comunicación asertiva: Domingo 1 de Xullo.
  2.     
  3. Funcionamento en grupos e visión común: Domingo 8 de Xullo.
  4.     
  5. Consenso. Como usalo na toma de decisións: Domingo 15 de Xullo.
  6.     
  7. Clase de iniciación de Ioga Igengar: Domingo 22 de Xullo.
  8.     
  9. Coñecemento da zona. Paseo na natureza: Domingo 29 de Xullo.

Para mais información sobre estes talleres escribir a beatriznietonovoa (arroba) hotmail (punto) com - cesarfp73 (arroba) yahoo (punto) es

A estancia para @s participantes é gratuíta. Se queres participar é importante avisar con antelación: trebelho14 (arroba) yahoo (punto) es (657485859 – 661466690)

Curso de certificado de Deseño en Permacultura en Galicia:
Cultura Permanente - Deseño de asentamentos humanos sostibeis
13-28 Agosto de 2007

(Documento do curso en PDF)


O curso terá lugar no Lugar de As Chozas (Concello de A Lama – Pontevedra)

O Curso de Certificado de Deseño en PermaCultura está recoñecido en todo o mundo e consiste en 72 horas mínimas de ensinanza + práctica en deseño, que cobren os fundamentos da PermaCultura. Só pode ser certificado por os Diplomados recoñecidos por a Academia Internacional de PermaCultura.

5 módulos de venres, sábado e domingo
        
  • MÓDULO 1: Coidar á Xente
    14, 15 e 16 de Agosto
  •     
  • MÓDULO 2: Técnicas de Deseño
    17, 18 e 19 de Agosto
  •     
  • MÓDULO 3: Coidar á Terra
    20, 21 e 22 de Agosto
  •     
  • MÓDULO 4: Eco-tecnoloxía-Bioconstrucción
    24, 25 e 26 de Agosto
  •     
  • MÓDULO 5: Eco-economía e Compartir
    27, 28 e 29 de Agosto

Cada Cursiño / Módulo de 3 días ten a súa certificación como cursiño / módulo independente. Os 5 módulos completos (90 horas), dan dereito ao Certificado de Deseño de PermaCultura homologado por a:

Academia de Permacultura Nodo Espiral España

Información e inscricións: trebelho14 (arroba) yahoo (punto) es (661466690). Prazas limitadas.

O curso está indicado para persoas de todas as idades,técnicos que traballan en axendas 21 locais, agricultores e gandeiros ecolóxicos,  estudantes, técnic@s e traballadores agrícolas e forestais; amais de persoas que estean a desenvolver actividades sostíbeis: granxas, hortas,  turismo rural, asociacións, colectivos...

As dimensións do curso, deben de ofrecer @s participantes respostas e alternativas, coa aplicación dos principios de PermaCultura, para a producción de alimentos, a xestión do hábitat e o deseño da economía e da vida comunitaria.

Custo do curso:
        
  • Inversión na túa Formación e
  •     
  • apoio á Rede de PermaCultura

        
  • Módulo (3 días): 200€ / 150€(*)
  •     
  • Curso (5 módulos/15 días): 750€ / 675€(*)

Desconto do 10% por cada amig@ que apuntes.
(*) Se pagas a totalidade, antes de 15 días da celebración do módulo ou do curso.
Para becas e trocos, consulta connosco.

O custo cubre: Clases teóricas e prácticas, material de apoio, seguro de accidentes e responsabilidade civil e certificado de asistencia.

Aloxamento:habilitarase zona de acampada. Necesario traer tenda.

Manutención: As Chozas ofrece a manutención por 10 € dia .Inclúe almorzo,comida e cea vexetarianos. Pódese pagar a manutención como troco por traballo de biconstrución antes o despois do curso. Consultar a organización.

¿Que é o Desenvolvemento Sostíbel?

“É o que da satisfeito as necesidades presentes sen afectar a capacidade de futuras xeracións para dar satisfeito as súas propias necesidades” (Nacións Unidas, Comisión Bruntdland).

¿Que é a PermaCultura?

¿Desenvolvemento ou Cultura?
Sostíbel = Permanente
PermaCultura = Cultura Permanente

A Axenda 21 local é a teoría, a PermaCultura é a práctica

O Deseño de PermaCultura é o conxunto de coñecementos, filosofías e técnicas (ancestrais e modernos), para chegaren a construir una Cultura Permanente.

Re-deseñamos a producción de alimentos, a vivenda, a tecnoloxía, o proceso de desenvolvemento comunitario, os sistemas legais e financieiros para conseguir os obxectivos do Desenvolvemento Sostíbel.

Programa

13: Benvida

14, 15 e 16: Coidar á xente
        
  • Principios e Directrices: Aprendizaxe Activa, Estructuras de Apoio, O Proceso Científico, Modelos e a Mente Humana, Patróns, o traballo de S. Covey e E. de Bono.
  •     
  • Deseño da DestructoCultura: Globalización, Economía e 'Desenvolvemento', Leis da Natureza, Ishmael, Dinámica Espiral, Teoría de Gaia, Comercialización da Espiritualidade e 'Ecoloxía Profunda', Saúde.
  •     
  • Sostibilidade ¿Que é?: Deseñar Procesos e Grupos Efectivos, Técnicas de Facilitación, Axenda Local 21, Pobos Orixinarios.

17, 18 e 19: Técnicas de deseño
        
  • Principios: Motivación do Deseño, Erros, Establecemento e Mantenemento de Sistemas, Aplicación de Principios.
  •     
  • Técnicas de Observación e de Organizar Información: Seren Deseñador, Principios de Gremios, Zonas, Sectores.
  •     
  • Técnicas de Deseño e Avaliación; Bosques Comestibles; Visionar, Deseños en Pequena e Gran Escala; Mapas.

20, 21 e 22: Coidar á terra
        
  • Solo: Topografía, Movementos de Terra, Desertización, Sucesión Natural, Saúde do solo, Cultivo Sinerxico, Ciclos Vitais (Oxíxeno, Carbono, Nitróxeno, Etileno etc.).
  •     
  • Auga: o Ciclo Hidrolóxico, Conservación e Almacenamento, Reciclaxe de Augas, Acuicultura, Deseños Prácticos.
  •     
  • Plantas e Animais: Bosques, Efectos Climáticos, Agroforestería, Granxas Sostibeis, Especies Autóctonas e Locais, Práctica da Conservación do Patrimonio Xenético, Importancia da Selva.

24, 25 e 26: Eco-tecnoloxía e Bioconstrución
        
  • Recursos: Xerarquía de Recursos, Residuos, Reciclaxe, Compost, Recursos Sociais, Innovación.
  •     
  • Enerxía: Leis de Termodinámica, Enerxía Renovable, Tecnoloxía Apropiada, Solar, Enerxía en Materia e EMERGY.
  •     
  • Bio-Construcción: Varios Tipos, Exemplos, Principios, EarthShips, Control de Temperatura, Lexislación.

27, 28 e 29: Eco-economía
        
  • Economía: Moeda Verde, Troco, Recursos Locais, Cooperativas, Sustento Xusto, Economías en Transición.
  •     
  • Proxectos Sostibeis: Crear e Manexar Micro-Empresas, Proxectos Sociais, Financiación Ética e Sostíbel.
  •     
  • Ecoaldeas: Comunidades, Redes Efectivas, Organización Biorexional, Nacións e Culturas, Sostibilidade Local e Global.
  • O programa adaptarase ás peculiaridades de Galicia e da Bio-rexión Galaico Portuguesa.


Descrición do lugar

O lugar de As Chozas atópase a 25 Km. Da cidade de Pontevedra,no concello de A Lama. As Chozas é un proxecto de ecoaldea formado por 14 persoas.

Despois de moito buscar un lugar no que levar a cabo a nosa idea de vivir no rural de xeito sustentable dimos con esta pequena aldea onde adquirimos varias construccións en pedra e mais de dúas hectáreas de bosque autóctono,prados e horta. Actualmente o proxecto atópase en plena fase de construcción sendo un banco de probas de deseño permacultural así como de técnicas de bioconstrcción e outras técnicas sustentables.

Agora mesmo se dispón de unha casa practicamente rematada que servirá como aula e estamos acondicionando os servicios necesarios para aloxar ós participantes do curso; cociña, duchas…

Non dispomos aínda de lugar para aloxamento polo que se habilitará unha zona de acampada.

O concello de A Lama é un dos máis montañosos da provincia de Pontevedra. Se caracteriza sobre todo pola rede fluvial formada polos ríos Verduxo e Xestas que atravesan o territorio conformando os seus vales e formando bosques de ribeira salpicados con multitude de pozas.

Fonte: Chozas


Documentos

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As Chozas, novo proxecto de ecoaldea. Actividades 2007