Despois de 25 anos subvencionando con importantes sumas a fondo perdido a presenza do galego na prensa escrita, evidénciase que esta liña non funciona.
Resulta sospeitoso que se manteñan as axudas a través de convenios "bis a bis" difíciles de verificar, sen esixir uns mínimos resultados de cantidade, calidade, evolución porcentual e consolidación do galego nos medios beneficiarios dos diñeiros públicos, que non se cuestione a continuidade deste tipo de "tratos" e se supriman definitivamente unha vez amosada a sua ineficiacia. Pola nosa lingua, segue lendo e participa.
Hai varios motivos que poden levar a unha administración a abrir unha liña de axudas ou subvencións. Un deles é o de tentar corrixir determinadas eivas que afectan a sociedade, e favorecer o asentamento ou desenvolvemento de novos elementos, usos, ou prácticas que non puideron arraigar, polos motivos que fora, e que necesitan un empurro inicial por parte de organismos públicos, até que sexan aceptados como normais e se desenvolvan por si solos.
As axudas públicas, na súa maioría, teñen un caracter transitorio, buscan transformar nun período umha realidade inxusta ou mellorábel a outra corrixida.
Podemos dizer que unha liña de axudas tivo éxito cando unha vez suprimida, aquel obxectivo para a que foi creada se da de forma normal, sen necesidade de ningún tipo de axuda. Si esto non se dá haberá que reprantear a táctica escollida.
Políticas de igualdade, fomento da contratación indefinida, protección medioambiental ou cultural....poderían entrar neste grupo. A liña de axudas que medios galegos de prensa levan recibindo por usar o galego nas súas páxinas tamén entran aquí.Partindo dunha situación de ausencia total do galego dentro da prensa escrita diaria, logo de 40 anos de menosprezo e persecución do idioma, optase por abrir umha liña que, a base do incentivar economicamente o uso da lingua, corrixa o lastre deixado polo franquismo e axudar así aos nosos medios a fazer a súa propia "transición", superar complexos, auto-odio, e normalizar no rexistro escrito o que sempre foi o normal no oral.
A 25 anos vista, despois de ver o estudio feito pola USC e publicado na revista da Mesa Pola Normalización Lingüística , Longa Lingua, podemos dizer que o fracaso é total, o galego sigue a ser cuantitativamente residual (non chega ao 8% de media), asociado a novas de 2ª categoría ou restrinxido a eidos específicos como o folclore ou "complementos" do xornal.Non se entende a teima de seguir dando dinheiro publico as empresas privadas de prensa escrita, a non ser que o interese do goberno en manter esta liña non estea na língua se non en "atar" certas relacións de complicidade que o aseguren mediaticamente.Irrita especialmente o feito de que desde o noso goberno se teña que mendigar ou directamente comprar con centos de miles de euros a presencia do galego, rebaixando o orgullo pola nosa cultura a niveis de mercádeo, mentres se penaliza coa non concesión de axudas a proxectos altruístas e altamente comprometidos coa cultura, e a lingua como ponta de lanza de esta, alegando motivos de normativa.
Semella que si o 92% da publicación está en castelán, non sabemos si a normativa, pero cando menos estas porcentaxes hai que premialas.O galego non se vende, se non o queren empregar, que non o empreguen. Envia o teu prego a Secretaría Xeral de Comunicación, a Secretaría Xeral de Política Lingüistica, aos grupos parlamentares e a os medios de comunicación para que trocar este despropósito . Manda o teu prego dende a seguinte páxina:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,envioweb/id,95/
Gracinhas pola colaboración
CiberIrmandade da Fala