A proposta, presentada polo Plaid Cymru, afirma é unha nación e que os cataláns teñen dereito a decidir democraticamente o seu futuro.
O deputado do Plaid Hywel Williams
O deputado do Plaid Cymru no parlamento británico, Hywel Williams, presentou na Cámara dos Comúns de Westminster unha moción de apoio a Cataluña onde defende os seus dereitos nacionais, segundo informa o xornal catalán Vilaweb.
A proposta sostén que "Cataluña é unha nación", e que os deputados se senten preocupados "porque a vontade democrática catalá foi excedida" por un tribunal de Madrid.
Ademais, propugna que se desenvolva o Estatut orixinal e pide respecto ao "dereito dos cataláns a decidir democraticamente o seu futuro".