Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACTO SIMBÓLICO

Os ex presidentes cataláns únense en defensa do Estatut

Jordi Pujol e Pasqual Maragall poñen cara ás reivindicacións de autogoberno.

Redacción - 10:23 08/07/2010

Este mércores a clase política catalana volverá escenificar o seu posicionamento sobre o Estatut. Os ex presidentes Jordi Pujol e Pasqual Maragall teñen previsto comparecer, canda ex presidentes do Parlament, para ler un comunicado conxunto no que se fai unha defensa do texto que o Tribunal Constitucional quere recortar.

Os ex dirixentes cataláns van unir as súas voces para reclamarlle á sociedade do seu país que participen masivamente na manifestación do vindeiro sábado. No comunicado subliñarán a importancia dun Estatut que no seu día foi aprobado pola gran maioría dos cataláns e afirman que atacar o texto é un ataque á dignidade dos cidadáns e das institucións propias.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: