Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN GALIZA

A venda de vivendas mantense estancada

Se ben no último mes de maio se venderon máis inmóbeis que no mesmo mes do ano pasado, o mercado inmobiliario non se reactiva na evolución mensual.

Redacción - 11:13 14/06/2010

A recuperación do mercado inmobiliario galego está lonxe de converterse nunha realidade. A compravenda de vivendas en Galiza rexistrou no pasado mes de abril un total de 1.903 operacións. Esta cifra supón un incremento de 273 con respecto ao mesmo mes do ano pasado, mais son catro operacións menos que o último mes de abril.

Mentres, no Estado Español, a compravenda de vivendas aumentou un 17,6% con respecto ao mesmo mes de 2009, consolidando unha certa recuperación, que se ven rexistrando dende que comezase o ano. Porén, en Galiza, segundo os datos coñecidos até o de agora, a compravenda caeu un 14% no primeiro trimestre, unha tendencia que se vai confirmando mes a mes os datos da Estatística de Transmisións de Dereitos da Propiedade do INE.

Segundo estes últimos datos difundidos este luns, en Galiza transmitíronse en abril 9.946 fincas, delas 5.208 en compravenda. Desta cifra, 1.903 realizáronse sobre vivendas, o que supón 82 operacións deste tipo por cada 100 mil habitantes. Do total de fincas transmitidas, 3.469 foron rústicas e o resto urbanas. Sobre estas últimas, das 1.903 operacións de compravenda, en 1.702 casos foi vivenda libre; 1.114 vivenda nova; 789 vivenda usada; e 201 vivenda protexida.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: