Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recesión económica

Standard & Poor's reduce en dous puntos a cualificación da débeda de Portugal

A axencia deixa o 'rating' da república en A- e non descarta novas baixadas a curto prazo.

Redacción - 17:35 27/04/2010

A axencia de cualificación Standard & Poor's anunciou que reduciu en dous puntos o 'rating' da República portuguesa, do A+ ao A-. Así mesmo, revisou a cualificación a longo prazo nun punto, de A até A-, mentres que o de curto prazo reduciuno de A-1 a A-2.

Segundo o informe de Standard & Poor's, recollido polo xornal Público, a revisión á baixa xustifícase nas "fraquezas estruturais económicas e fiscais" que deixan Portugal "nunha posición fráxil para lidar coa deterioración significativa das súas finanzas públicas e as perspectivas de crecemento económico tenues no medio prazo".

Tamén a perspectiva futura se mantén negativa, polo que o 'rating' podería descender máis a curto prazo, entre seis meses e dous anos. Segundo S&P, poderíase dar un novo descenso se o esforzo de consolidación fiscal se mantén por debaixo das expectativas ou se aumentan as preocupacións sobre a liquidez do Estado Portugués.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: