Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEN CAUSAR FERIDOS

Atacan cun artefacto incendiario a sede do PP en Nigrán

Segundo explicaron dende o partido, alguén rompeu a vidreira do local e introduciu no interior un “cóctel molotov”, que causou danos materiais.

Redacción - 10:21 19/04/2010
A sede do PPdeG está situada na rúa Rosalía de Castro

A sede do PPdeG está situada na rúa Rosalía de Castro

A sede do PPdeG en Nigrán (comarca de Vigo) sufriu na madrugada do luns un ataque cun artefacto incendiario. Non se rexistraron feridos de ningún tipo, aínda que si danos materiais. Ao lugar desprazouse unha dotación da Garda Civil que xa investiga o acontecido.

O responsábel local do partido, Alberto Valverde, explicou que “alguén rompeu a vidreira do local e introduciu no interior un artefacto ou cóctel molotov, o que provocou un incendio. Foi un vixilante privado que atendía uns negocios e vivendas na zona quen deu o aviso cara as catro e media da madrugada.

O lume afectou a varias cadeiras e unha mesa que había na sede e non afectou nin a oficina interior nin as vivendas superiores. Dende o PPdeG evitaron relacionar o suceso coa actividade política do grupo e adiantaron que non recibiron nos últimos días ningunha chamada nin ameaza, nin tampouco ninguén reclamou a autoría do ataque.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: