Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO ÚLTIMO ANO

A vivenda mantén os seus prezos en Galiza

Mentres no Estado Español se pode mercar unha casa un 4,3% máis barato que hai un ano, en Galiza o prezo só baixou un 1,5%.

Redacción - 13:11 16/03/2010
Tags: prezo vivenda

Aquel que queira comprar unha vivenda en Galiza non atopará hoxe prezos moito máis baratos que os que tiñamos hai un ano. En 2009, a cotización dos inmóbeis reduciuse tan só un 1,5%, moi por debaixo do 4,3% que se abarataron no Estado Español. Así o revelan os datos do Índice de Prezos de Vivenda (IPV), publicados este martes polo Instituto nacional de Estatística (INE).

Mentres no Estado Español se está a apreciar unha desaceleración no descenso dos prezos, en Galiza o descenso rexistrado no terceiro trimestre (2%) demostra que a tendencia aínda é de baixada (o dato é menor que o dos meses entre xullo e setembro).

Pola contra, o prezo da vivenda nova diminuíu no Estado o 5,1% ao peche de 2009, co que modera a súa tendencia á baixa por primeira vez desde o primeiro trimestre de 2007, en tanto que a vivenda usada abaratouse o 3,5 por cento, case cinco puntos menos que nos tres meses anteriores (-8,3%)


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: