Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Novos cataláns"

O referendo sobre a independencia convoca 125 mil inmigrantes ás urnas

Dos 700 mil votantes potenciais este domingo en Cataluña 125 mil non teñen "cidadanía española". Poderán exercer por vez primeira o dereito a voto.

Redacción - 12:15 09/12/2009

Serán arredor de 700 mil cidadáns en 170 poboacións os chamados a votar o próximo domingo 13 de decembro en Cataluña no referendo sobre a independencia. Un total de 20 mil voluntarios atenderán 500 mesas electorais repartidas en todo o país.

Ao fío recomendámoslles o seguimento especial que está a facer o xornal dixital Vilaweb, que este mércores repara especialmente nos 125 mil cidadáns dos concellos onde se realizará a consulta que non teñen "cidadanía española" pero que aparecen nos padróns municipais e que de xeito inédito serán convocados ás urnas. O informativo especial de Vilaweb TV ofrece as reflexións dalgún deles.

Doutra banda, contámoslles que alén da consulta deste domingo, que maioritariamente terá lugar en pequenos e medianos municipios, os promotores deseñan próximas convocatorias, a principal e máis ambiciosa na capital catalá. Así, a plataforma "Barcelona decide" organizará un referendo nesta cidade en 2010. Segundo avanzan, a votación podería facerse no mes de abril.


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: