O presidente dos EUA anunciou obras públicas, investimentos para o aforro de enerxía e redución de impostos ás pequenas empresas.
Obama, este martes
Nun momento en que o desemprego nos Estados Unidos de América está no seu nivel máis alto dos últimos 26 anos, o presidente Barack Obama anunciou este martes un plan para destinar parte do multimillonario rescate financeiro á creación de novos postos de traballo.
Segundo os lexisladores demócratas encargados de redactar o proxecto, esta ofensiva contra o desemprego suporía un investimento de entre 75 mil e 200 mil millóns de dólares (entre 50 mil e 135 mil millóns de euros), o total do non gastado no rescate financeiro.
Nun discurso pronunciado na sede do Brookings Institute en Washington, Obama anunciou un paquete de medidas que inclúe obras de infraestrutura pública, investimentos para o aforro de enerxía e redución de impostos ás pequenas empresas.
O presidente estadounidense, que por terceira vez na semana dedicou un discurso público á loita contra o desemprego, prometeu concentrarse en "aquelas áreas que xeren o maior número de postos de traballo e ao mesmo tempo os maiores beneficios para a economía".
Vídeos e transcripción en inglés: