Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FIN DO PROCESO XUDICIAL

O Tribunal de Estrasburgo confirma a ilegalización de Batasuna

Rexeita os recursos presentados e confirma a sentenza na que declarou que o procedemento xudicial non vulnerou o principio de liberdade de reunión e asociación.

Redacción - 13:20 11/11/2009
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, en Estrasburgo

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, en Estrasburgo

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH), con sede en Estrasburgo, rexeitou o recurso presentado por Batasuna contra a súa ilegalización. Confirma así a sentenza na que declarou que o procedemento xudicial aberto polo Estado Español contra esta formación non supuxo unha vulneración do principio de liberdade de reunión e asociación.

Segundo informa Europa Press, os cinco xuíces que compoñen este Tribunal acordaron non aceptar as demandas que tanto Batasuna, como Herri Batasuna e dirixentes desta formación, como Rufi Etxeberría e Pernando Barrena, presentaran para que estes maxistrados revisasen a sentenza. Deste xeito, declara (en aplicación do artigo 44.2 da Convención).

Péchase un longo proceso
Deste xeito, dáse por rematado definitivamente o proceso xudicial sobre a ilegalización da formación. Iniciárase en marzo de 2003, cando o Tribunal Supremo acordou por unanimidade a ilegalización de Herri Batasuna- Euskal Herritarrok-Batasuna, ao estimar que vulnerba a Lei de Partidos (aprobada en 2002). A seguir, en abril daquel ano, Batasuna recorreu ante o Tribunal Constitucional. O alto tribunal dá unha resposta en xaneiro de 2004, cando confirma a ilegalización.

Xa en xullo de 2004, Batasuna interpuxo dous recursos ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos alegando a vulneración dos dereitos á liberdade de expresión, á liberdade de reunión e á liberdade de asociación. En abril de 2006, o TEDH pediu ao goberno español máis información sobre estas demandas e en decembro de 2007 considerou "parcialmente admisíbeis" os recursos de Batasuna. Agora, logo de que o executivo español solicitase ao TEDH que rexeitase o recurso en febreiro de 2008, péchase definitvamente o proceso xudicial.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: