Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vuelta 2009

Ezequiel Mosquera reponse con rabia da sanción

O líder do XGZ recorta distancias cos primeiros malia ser penalizado por aceptar auga dun afeccionado.

Redacción - 10:15 14/09/2009
Ezequiel Mosquera

Ezequiel Mosquera

Se hai un equipo que está dando emoción a Vuelta a España é o Xacobeo Galicia, que leva unha vitoria de etapa e deu a cara en todas as xornadas de montaña. O Xacobeo é segundo clasificado por equipos e Ezequiel Mosquera segue loitando por achegarse ao podio. Esta fin de semana foi protagonista das etapas con final no alto de Velefique, Sierra Nevada e La Pandera, e colocouse a 1:54 do líder, Alejandro Valverde, e a 44 segundos do podio.

Mosquera non só está a loitar contra as ramplas dos portos de montaña, senón tamén coas cuestionábeis decisións dos comisarios da competición. O sábado sancionárono con 20 segundos por aceptar un bidón de auga dun afeccionado. O domingo, volveu lanzar un ataque no último porto: “Tras a sanción sabía que o único que podía facer era atacar e tiña que probar, polo que estou satisfeito”. O ciclista de Teo dixo sentir “rabia” pola decisión dos xuíces: “Xa nin un afeccionado che pode dar auga. A pesar diso estou contento e moi agradecido coa calor do público, vale tanto ou máis que as vitorias”.


4,73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: