Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estados Unidos

Primeira gran protesta contra as políticas 'socialistas' de Obama

Critican a reforma do sector sanitario que o presidente pretende sacar adiante, e o aumento do gasto público.

Redacción - 10:30 13/09/2009
Manifestación deste sábado

Manifestación deste sábado

Ducias de miles de persoas, segundo os medios locais, concentráronse este sábado en Washington para desenvolver a primeira gran manifestación multitudinaria en contra do presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, o que acusan de "socialista"

Os manifestantes, chegados de diferentes partes do país e congregados na praza da Liberdade, xunto á Casa Branca, marcharon deica o Capitolio ondeando bandeiras estadounidenses, portando carteis e gritando consignas contra as políticas emprendidas por Obama.

Critican, principalmente, tanto a controvertida reforma do sector sanitario que o presidente pretende sacar adiante, como o forte aumento do gasto público derivado das medidas económicas adoptadas pola Administración para combater a crise.

Dick Armey, ex congresista republicano e líder de Freedomworks, organización que convocou a protesta, encabezou a manifestación e dirixiuse á multitude no mesmo lugar en que Obama pronunciou o seu primeiro discurso como presidente hai máis de oito meses.

"Comprometeuse a ser fiel á Constitución dos Estados Unidos", dixo Armey, suxerindo que o novo presidente estaba a violar os principios estabelecidos sobre as funcións do Goberno.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: