Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Delito arqueolóxico

Cultura acondicionará o Castro de Baroña, afectado por unha agresión

O Concello de Porto do Son traballa nun plan especial de protección de cara á súa declaración como BIC.

Redacción - 10:00 12/09/2009

A Consellaría de Cultura e Turismo anunciou que financiará o proceso de limpeza, acondicionamento e levantamento topográfico do Castro de Baroña, no concello de Porto do Son. O xacemento sufrira un acto vandálico a pasada fin de semana, cando persoas descoñecidas sacaron 300 pedras dos muros do castro para amorealas en forma de pirámides, vulnerando a Lei de Patrimonio.

Os traballos consistirán na limpeza e acondicionamento do castro e na instalación de carteis informativos para "concienciar a cidadanía da importancia deste elemento arqueolóxico", explicou o director xeral de Patrimonio Cultural, Xosé Manuel Rey Pichel. Cultura tamén colaborará en elaborar un Plan Director que regule as actuacións na zona. Pola súa banda, o concello de Porto do Son está a redactar un Plan Especial de Protección de cara á súa declaración como Ben de Interese Cultural.


4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: