Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÚAS LIÑAS DE AXUDAS

O Igape avalará con 150 millóns empresas que precisen crédito

Dous terzos do orzamento irán destinados a empresas, mentres que o resto beneficiará micropemes e autónomos.

Redacción - 18:15 10/09/2009

Dous plans aprobados polo Goberno mobilizarán 150 millóns de euros en avais para xerar 400 millóns en investimento para as empresas do país. A iniciativa, proposta pola Consellaría de Economía e Industria a través do Igape, pretende paliar a dificultades que teñen as empresas, pemes e profesionais autónomos para acceder ao crédito no contexto da crise.

O primeiro dos plans mobilizará garantías de 100 millóns para financiar un total de 200 millóns estará destinada ao financiamento adicional das empresas a través de liñas de crédito, de desconto e para o adianto de efectos comerciais e facturas e de xestión de pagamentos a provedores. Cubrirá entre o 40 e o 60 por cento do importe do préstamo ou do crédito. O importe do aval irá dos 120 mil aos 2,1 millóns de euros e as garantías compartiranse entre o Igape e as entidades financeiras adheridas.

O segundo plan facilitará o acceso ao circulante para microempresas e autónomos con aval dunha sociedade de garantía recíproca con garantías de pagamento de 50 millóns para xerar operacións de financiamento de arredor de 200 millóns. Prevese que estas liñas de axudas estean dispoñíbeis a final de mes, en canto se superen os trámites burocráticos e administrativos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: