Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBITUARIO

Finou en Bos Aires o sobranceiro galeguista Antonio Pérez Prado

Fillo de pais orixinarios da Terra Chá, entrou en contacto coa colectividade galega máis concienciada de man de Luis Seone.

Redacción - 19:45 08/09/2009

Aos 82 anos e por mor dunha pulmonía desatada polo contaxio da gripe A, faleceu este martes en Bos Aires o médico galeguista Antón Pérez Prado. Fillo de galegos orixinarios da Terra Chá, estudou medicina en Arxentina á volta dun periplo por EUA, onde traballou como obreiro do metal.

A finais dos anos 50, Pérez Prado entra en contacto coa colonia galega e recupera os lazos coa Galiza de seus pais da man de intelectuais como Luis Seoane. En 1973 publica un clásico da literatura da emigración: “Los Gallegos y Buenos Aires”.

Os seus restos, velados no Tanatorio de Carlos Calvo 1874, foron enterrados no Panteón do Centro Galego. No sepelio estiveron presentes directivos da Federación de Sociedades Galegas.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: