Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Ezequiel Mosquera e David García, na primeira escolma para o Mundial de fondo

O seleccionador español, José Luís de Santos, facilitou unha relación de 16 corredores, dos que sairán os nove que disputarán o campionato.

Redacción - 10:30 03/09/2009

Os ciclistas do Xacobeo Galicia Ezequiel Mosquera e David García foron preseleccionados para o Mundial de fondo en estrada, que se disputará o 27 de setembro, unha semana despois de que conclúa a Vuelta a España.

O seleccionador español, José Luís de Santos, facilitou unha relación de 16 corredores, dos que sairán os nove que disputarán o campionato na localidade suíza de Mendriso, sobre un circuíto cualificado polos técnicos como "moi exixente".

Sobre a súa inclusión na preselección, David García comentou: "Supón unha gran satisfacción, porque teño a espiña cravada de non ter disputado aínda ningunha clásica e para min o Mundial é como unha gran clásica. Gústanme este tipo de carreiras".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: