Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO ECUADOR DO ANO

O mercado inmobiliario resiste en Galiza

A compravenda de vivendas reduciuse un 3,9% en xuño en relación ao mesmo mes de 2008, mentres que no Estado Español a cifra ascendeu até o 25,5%.

Redacción - 11:30 12/08/2009
En Galiza, a caída na compravenda de vivendas ascendeu até o 3,9%

En Galiza, a caída na compravenda de vivendas ascendeu até o 3,9%

O mercado inmobiliario segue á baixa un mes máis, aínda que amosa xa sensíbeis síntomas de mellora. En xuño, os datos difundidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que a compravenda de vivendas en Galiza se reduciu un 3,9%, unha cifra que dista moito do 25,5% que acadou o descenso no Estado Español.

Se comparamos as cifras exactas, en Galiza realizáronse un total de 1.973 operacións, un número de compras e vendas que se sitúa por enriba do mes anterior (maio), cando as transaccións ascenderán a 1.714. Ademais, o total de fincas transmitidas en Galiza ascendeu a 10.270, o que supón unha media de 444 operacións por cada 100 mil habitantes.

En suma, os datos falan dunha significativa recuperación, xa que o mercado inmobiliario está a encadear subas continuadas no número de operacións: dende abril (1.630), pasando por maio (1.714), até chegar ao agora analizado mes de xuño (1.973).

A nivel estatal, a compravenda de vivendas ascendeu a 35.372, o que supuxo o 25,5% con respecto a xuño de 2008. É dicir, de cada catro vivendas que atopaban comprador hai un ano, no Estado Español hoxe só se venden tres. A maior parte destes inmóbeis eran vivendas libres (1.831), seguidas das novas (1.327), as usadas (649) e as protexidas (142).


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: