Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Identificados por dous policías de paisano

Condenados dous operarios do Metal polos incidentes na folga de 2007

Un xulgado de Vigo sentenciou penas dun ano e medio de cárcere, multas por valor de 1.200 euros e unha indemnización de catro mil.

Redacción - 19:15 29/07/2009
Incidentes en Vigo en maio de 2007

Incidentes en Vigo en maio de 2007

Dous traballadores do sector metalúrxico de Vigo foron condenados por un xulgado da cidade á pena dun ano e medio de prisión por delitos de "desordes públicas", de "danos" e dunha "falta de lesións" contra o condutor dun autobús, durante a folga do sector en maio de 2007.

Ademais, deberán pagar multas por valor de 1.200 euros. O maxistrado considera probado que os dous acusados participaron nesa agresión, así como nos danos causados ao microbús, baseándose nos testemuños de dous policías de paisano. Un dos axentes declarou que recoñecera un dos acusados polos seus antecedentes por malos tratos.

Os procesados renunciaron a declarar no xuízo e os seus avogados negaron a participación destes nos feitos e pediron a libre absolución. Os feitos producíronse o 9 de maio de 2007, cando un autobús tentou abrirse paso entre os manifestantes na Gran Vía, fronte ao centro comercial El Corte Inglés. Testemuñas presentes declararan daquelas que un dos acusados mesmo fora arrolado polo vehículo.

Os dous traballadores condenados terán tamén que facer fronte a unha indemnización solidaria de 4.008 euros á empresa de transporte polos danos no microbús, mentres que non se estabeleceu responsabilidade civil ao renunciar o condutor expresamente a ser indemnizado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: