Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións Europeas

O PSOE ironiza co "famoso código ético" do PP

Os socialistas cargan de novo contra o conselleiro de Territorio, Agustín Fernández.

Redacción - 09:00 04/06/2009

A voceira en materia de Xustiza do PSOE, Beatriz Sestayo, acusou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de defender "o incumprimento da Lei e das normas". Valorou asía a deptuada ferrolá as que cualificou de "sorpresivas declaracións" de Feijoo respecto da apertura de dilixencias xudiciais a Agustín Hernández. Lamenta a representante socialista que o mandatario "destroce" o seu "famoso código ético" en cuestión de días.

Ao fío, preguntoulle Sestayo a Feijoo se isto quere dicir que avala o proceder de Hernández, ao awsegurar que el mesmo comprobara que a súa actuación non xerou menoscabo na facenda pública e pregúntalle se "incita a todos os responsábeis políticos e públicos a que certifiquen en falso", tal e como se lle acusa a Hernández. Engade Sestayo a cuestión para Feijoo ao respecto de si vai impulsar algunha reforma lexislativa "para que o poidan facer". "Este privilexio queda reservado aos amigos de Feijoo ou a partires de agora os cidadáns poderán incumprir a Lei de Subvencións e presentar certificacións falsas?", pregunta a deputada do PSdeG-PSOE.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: