Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Acto político en Ferrol

"O PP é o partido da corrupción", afirma Manuel Vázquez

"Non queren falar nin de Europa nin de España", repróchalle o líder do PSdeG ao Partido Popular.

Redacción / Europa Press - 09:30 30/05/2009

"Parece que o problema era Garzón" e "agora os Tribunais Superiores de Valencia e Madrid teñen que facer horas extras para tomar declaracións aos imputados do PP", sinalou Manuel Vázquez, secretario xeral do PsdeG, durante a súa intervención nun mitin en Ferrol este venres. Ironizou Vázquez sobre "os tres meses" que o presidente da Comunidade de Valencia "leva buscando as facturas" duns traxes, que "é o fío que vai levar ao nobelo da trama Gürtel".


Para Vázquez en Galiza "non hai queixa" tampouco porque "en 30 días de goberno do PP leva todo un carreirón de corrupción", con tres representantes imputados, en referencia a Agustín Hernández, conselleiro de Medio, imputado por certificar en falso unha obra para a empresa na que traballaba; o delegado da Xunta en Ourense, pola desaparición de fondos da Unión Europea e o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que "trampeou o seu contrato na Deputación para falsear un documento e manter a súa praza". "O PP é o partido da corrupción", subliñou o socialista carballiñés.

Chaves advirte dos "recortes" en gasto público que "propón o PP"

O presidente do PSOE e Ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, foi protagonista este venres do acto político do PsdeG en Ferrol. O andaluz asegurou que o ex presidente do goberno español José María Aznar é "o que ten no peto o programa verdadeiro do Partido Popular", unha formación política á que acusou Chaves de "profesionais do engano, da mentira e do xogo sucio".

Ante case 400 persoas, no recinto feiral de Punta Arnela (FIMO) de Ferrol, Manuel Chaves afirmou que mentres "Mayor Oreja presenta sempre unha cara anxelical, o que di as cousas no Partido Popular é Aznar". "É o que pregoa o despedimento doado", o "abaratamento do despedimento" e os "recortes salariais". Subliñou que o PP é o partido que "predica a austeridade e o gasto público", pero que goberna na "Comunidade Autónoma máis endebedada, a Valenciana, e o Concello máis endebedado de España, o de Madrid". Chaves acusou o PP de realizar recortes en gasto público, en saúde, en educación, en obra pública, en infraestrutura, en investigación, "que non o din pero fano, como o farán aquí en Galicia, empezarán a recortar gasto nos servizos públicos que benefician á maioría da xente".

Para Chaves, o Partido Popular "ten a desfachatez de utilizar a crise para rabuñar votos", porque "non teñen escrúpulos" e o "único que lles interesa é a reprimenda". "Eles actúan como profetas do desastre, píntano todo de negro", censurou. "Aprovéitanse do paro e seguramente lle botarán a culpa da gripe a José Luis Rodríguez Zapatero", dixo Chaves.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: