Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
GAÑOU O RUSO POLYANSKY

Gómez Noya queda sen a vitoria no triatlón de Pontevedra

Na categoría feminina a vitoria foi para a checa Radka Vodickova, con Saleta Castro situada nunha meritoria 24ª posición.

Redacción - 18:30 19/05/2009
Gómez Noya durante a carreira

Gómez Noya durante a carreira

Finalmente Gómez Noya non puido repetir o éxito acadado en 2008 na Copa de Europa de triatlón que se disputou en Pontevedra, e tívose que conformar coa segunda posición. A vitoria foi par ao ruso Dmitry Polyansky, que conseguiu recuperar no final da carreira a pé a vantaxe que Gómez Noya acadara nos segmentos de natación e carreira ciclista.

Gómez Noya comezou saíu como un tiro, e foi o único que aguantou o ritmo de Marco Rivera (posuidor da mellor marca estatal de natación nos 1.500 metros) no primeiro segmento. Cando chegaron á bicicleta foi Gómez Noya o encargado de marcar o ritmo, aumentando a vantaxe con respecto a un grupo perseguidor no que estaba Polyansky.

A parte de carreira a pé comezárona xunta os dous escapados, pero Gómez Noya tardaría pouco en escaparse só e ir collendo unha vantaxe que remataría por neutralizar o ruso á entrada nas instalacións do CGTD, onde se disputaron os últimos metros. Ao ferrolán puido pesarlle a falta de ritmo en carreira despois dos oito meses que pasou sen competir despois dos Xogos Olímpicos.

Saleta Castro a mellor das mozas
Na categoría feminina a vitoria foi para a checa Radka Vodickova, actual campioa de Europa de triatlón. Saleta Castro foi a mellor das galegas ao rematar na 24ª posición.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: