Porén, diferentes axencias de prensa aseguran que as autoridades de Gaza están en disposición de aceptar nas vindeiras horas unha tregua dun ano.
Catro foguetes lanzados dende a Franxa de Gaza contra territorio palestino fixeron saltar todas as alarmas en Orienet Medio. Logo dos ataques, que causaron só danos materiais, o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, ameazou cunha “resposta desproporcionada” se nas vindeiras horas seguían caendo proxectís.
A pesar destas sombras de treboada, diferentes axencias de prensa internacionais aseguran que Hamás estaría en disposición de aceptar unha tregua dun ano con Israel, tal e como propoñía un plan de paz do goberno exipcio.
Este luns desprazarase até O Cairo unha delegación de Hamás que intentará pechar a tregua. No acordo tamén se contempla que as forzas da Autoridade Nacional de Palestina, controladas por Abbas, teñan presenza na fronteira de Gaza e colaboren cos seus rivais de Hamas para que se manteña a paz con Israel.