Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois do masacre

O sismo que varreu Gaza: milleiros de persoas sen fogar, millóns de euros necesarios para a reconstrución

A ONU calcula que máis de 50 mil persoas quedaron sen vivenda e que outras 400 mil non teñen nin auga corrente.

Redacción - 09:00 20/01/2009
Tags: Gaza Israel

Coa chegada da calma á Franxa de Gaza, as axencias humanitarias poden á fin avaliar a magnitude do acontecido. Así, as Nacións Unidas sinalan que ducias de milleiros de cidadáns quedaron sen fogar e son moitos máis os que, malia conservaren as súas vivendas, dispoñen apenas do mínimo para a supervivencia despois de tres semanas de bombardeos israelís.

Membros de axencias internacionais cualificaban para a BBC a devastación vista na zona de equivalente á causada por "un sismo" que destruíse veciñanzas enteiras. Israel comunicou que permitirá en principio a entrada de 134 camións de axuda humanitaria e 60 mil litros de combustíbel, malia que até o de agora non se confirmou que ese acceso se producise. Existe constancia de momento do permiso ao Comité Internacional da Cruz Vermella para a entrada de dez ambulancias con subministro médico.


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: