Nove de cada 10 nenos con VIH/sida non poden acceder aos medicamentos antirretrovirais que lles poden salvar a vida.
Médicos Sen Fronteiras (MSF) apela aos gobernos e doadores a facer chegar as probas diagnósticas e medicamentos existentes aos nenos que os necesitan. Esta situación é especialmente preocupante en nenos que naceron co virus, xa que a metade deles morrerá antes de cumprir os dous anos se non recibe tratamento.
Nos países desenvolvidos, as infeccións de VIH en nenos case se eliminaron, grazas ao éxito na prevención da transmisión do virus de nai a fillo. Por iso, a sida pediátrica é case exclusivamente un problema dos países en desenvolvemento. As compañías ven poucos incentivos económicos no desenvolvemento de probas máis sinxelas e novos fármacos para nenos con esta enfermidade.
"Hoxe podémolos tratar, pero tamén necesitamos máis medicamentos e probas diagnósticas adaptados aos nenos. A maioría de medicamentos vitais só existen en versións para adultos. Isto ten que cambiar", di o Dr. von Schoen-Angerer. "As compañías farmacéuticas deben comprometerse a crear e probar versións pediátricas das súas formulaciones para adultos, ou pola contra os gobernos terán que presionarles para que o fagan".