Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ante a Federación Galega de Fútbol

O Rápido de Bouzas denuncia o Coruxo por queimarlle o escudo na súa web

Os boucenses tamén están molestos polos insultos aparecidos, no foro desta páxina, contra o seu presidente.

Redacción - 11:45 16/10/2008
O Escudo do Rápido de Bouzas ardendo

O Escudo do Rápido de Bouzas ardendo

O fútbol en Vigo anda revolto. Esta semana o Rápido de Bouzas CF denunciou, ante a Federación Galega de Fútbol, ao Coruxo FC, porque, ao parecer este clube mantén na súa web -dentro do foro-, insultos ao presidente do clube boucense, ademais dunha montaxe co escudo do Rápido ardendo no lume ou arrodeado de excrementos.

A denuncia aparece nas sancións publicadas esta cuarta feira pola Federación, e nelas recollen que o Coruxo ten un prazo de cinco días para formular as alegacións que considere pertinentes "na defensa dos seus dereitos".

Segundo publica esta quinta feira o xornal Faro de Vigo, os administradores do Rápido souberon do publicado no foro do Coruxo dous días despois do partido que ámbolos dous clubes xogaron no Baltasar Pujales (campo do Rápido de Bouzas), cando recibiron unha chamada que os avisaba das "manifestación e imaxes vexatorias" que aparecían na web dos seus rivais, no foro, baixo a entrada "Rápido Apodrece".

Unha vez que o Coruxo presente as súas alegacións, haberá que agardar pola decisión do xuíz único da Federación, e unha posíbel intervención do Comité Antiviolencia.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: