Segundo as primeiras informacións, o líder abertzale foi detido de madrugada canda outros tres militantes
Poucas horas despois de que a policía francesa detivera a Unai Fano e María Lizarraga pola sospeita de que pertencían a ETA, a xendarmería gala puxo en marcha unha operación esta madrugada do mércores na que detivo a Xabi Larralde, responsábel de Batasuna en Iparralde. Canda Larralde foron detidos outros tres dirixentes da formación, aínda que non trascendeu a súa identidade.