Acusado de xenocidio e crimes de guerra polo Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia.
Karadzic, moi cambiado, vivía en Belgrado baixo identidade falsa
Radovan Karadzic é acusado de xenocidio e crimes de guerra varios. Entre outros, atribúeselle responsabilidade no masacre de arredor de 8 mil musulmáns en Srebrenica.
O goberno serbio confirmou este luns a súa captura nun breve comunicado desde a presidencia do país, onde informa de que Karadzic foi "localizado e arrestado". A detención de Karadzic era unha esixencia reiterada desde a Unión Europea ao país como condición previa para o avance no proceso de adhesión do país á UE.