Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ÉXITO DE PÚBLICO

A Mostra de Teatro de Ribadavia entra na súa semana grande

Adosad@s, de Úroc Teatro, o máis destacado da terceira xornada.

Redacción - 14:30 21/07/2008

"De dous en dous nun chalet viven eles, El e Ela. Estes son os máis adosados de todos, ata tal punto que non se podería distinguir moi ben quen é un e quen a outra". A obra de Úroc Teatro, escrita por John Petrof e dirixida por Juan Margallo, que tamén a protagoniza xunto a Petra Martínez, será o prato forte da xornada do luns da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A representación dará comezo ás once da noite no Castelo, poñendo punto final a un día no que o teatro converterá todas as rúas da vila.

A partir das nove da noite, na Igrexa da Magdalena Nut Teatro porá en escea 4.48 Psicose, un desgarrador poema escénico de Sarah Kane. Para os rapaces, ás oito e media Artello Teatro Alla Scala 1:5 ofrecerá Polgariño & Cía. Finalmente, ás oito, Cachirulo levará o seu Pinocho polo barrio de Sampaio.

De todo o visto na primeira fin de semana da Mostra, que rematará o vindeiro sábado, destacou a representación de Estigma, do CDG, e La vida es ritmo, de Camut Band. Ademais, Zahir Circo ateigou a Praza Maior de Ribadavia co espectáculo de acrobacias e humor de Einstein o atómico e o relativo.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Adosad@s' representarase ás once da noite no Castelo
'Adosad@s' representarase ás once da noite no Castelo
Zahir Circo encheu a Praza Maior da vila
Zahir Circo encheu a Praza Maior da vila
A obra de Nut estará ás nove e media na Igrexa da Magdalena
A obra de Nut estará ás nove e media na Igrexa da Magdalena