Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓN DA RENDA

ONGs e igrexa disputan o "X" dos contribuíntes

Institucións dedicadas a fins sociais e a arquidiócese compostelá piden a colaboración da cidadanía para recibir o 0,7% do IRPF.

Redacción - 18:50 21/04/2008

Achégase a campaña da declaración do Imposto sobre a Renda, e tanto as ONGs como a igrexa católica loitan para que os contribuíntes marquen a casa que lles reserva unha parte do orzamento público estatal. Concretamente, este ano recibirán o 0,7 por centro, fronte ao 0,52 do exercicio anterior.

Este luns, varias organizacións non gobernamentais (Cogami, Faxpg, Secretariado Xitano, Coceder, Asociación Española contra o Cancro, Coordinadora Galega de ONGD e Preescolar na casa) uníronse para pedir a colaboración da cidadanía porque "así podemos facer máis", como di o seu lema.Nunha conferencia que tivo lugar no Club Internacional de Prensa, David Silva, secretario de Cogami, asegurou que todo o diñeiro recibido se destina a fins sociais e non a financiar as estruturas das asociacións. Tamén fixo referencia á cada vez maior transparencia nas contas das ONG e ao control das mesmas que efectúa a Administración, e ao feito de que nos últimos anos se triplicou a recadación pola maior concienciación da cidadania.

O arcebispado tamén
O arcebispado de Compostela tamén aproveitou a xornada para solicitar que os contribuíntes marquen a casa destinada á igrexa católica porque, asegurou, "o seu sustento depende dos fieis". O novo marco de financiamento da institución relixiosa por parte do Estado Español suprime as axudas directas da Administración e, para mobilizar os católicos, a Conferencia Episcopal vai poñer en marcha en maio e en xuño unha campaña publicitaria a través de todos os medios, tamén dirixida aos asesores e xestores administrativos por vía postal.

No exercicio do 2005, o 36,29 por cento dos contribuíntes marcaron a casa de fins sociais, fronte ao 18,48% dos que riscaron o recadro da igrexa católica. Outro 9,19 por cento marcou os dous espazos, pois son compatíbeis.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: