Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CAMPAÑA CARA AO 2009

Artábria segue pulando por Carvalho Calero

A Fundación ferrolá continúa reunindo apoios para acadar a declaración do Día das Letras para o intelectual.

Redacción - 09:00 18/02/2008
Comba Campoy

Comba Campoy

Nos últimos meses téñense organizado palestras, mesas redondas, e dende hai unhas semanas, a Fundación Artábria veu reunindo apoios de intelectuais, artistas e políticos para acadar o recoñecemento. Son moitos os que xa fixeron a foto co cartaz de apoio á iniciativa, sobre todo na noite que se celebrou unha cea de homenaxe aos veciños de Mugardos cuxas casas están a carón de Reganosa. Entre eles, Miguel de Lira, Carlos Santiago, Comba Campoy, Eliseo Zaera (presidente do Ateneo Ferrolán) ou a concelleira de Cultura de Ferrol, Yolanda Díaz.

En novembro, unha conferencia organizada conxuntamente na cidade pola Fundaçom Artábria e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) en colaboración co Ateneo Ferrolán, contou coa participación do maior especialista na figura de Carvalho Calero, José-Martinho Monteiro Santalha, professor de Didáctica das Linguas na Universidade de Vigo; de Maurício Castro, xefe do Departamento de Português na EOI de Ferrol; e de Alexandre Banhos, novo presidente da AGAL. E en xaneiro a Comisión de Defensa da Lingua da Gentalha do Pichel realizou un mural en lembranza do intelectual ferrolán.


5/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Miguel De Lira
Miguel De Lira
Eliseo Zaera, presidente do Ateneo Ferrolán
Eliseo Zaera, presidente do Ateneo Ferrolán
Yolanda Díaz, concelleira de Cultura de Ferrol
Yolanda Díaz, concelleira de Cultura de Ferrol