Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
"Por ser sucesora de Batasuna"

O goberno español autoriza a ilegalización de ANV e EHAK

O Consello de Ministros deulle permiso á Avogacía do Estado para iniciar os trámites.

Redacción - 14:25 25/01/2008
De la Vega, este venres

De la Vega, este venres

O Consello español de Ministros autorizoulle este venres á Avogacía do Estado iniciar os trámites para a ilegalización de ANV e do PCTV pola súa presunta vinculación con Batasuna, tamén ilegal na actualidade.

Segundo informou a vicepresidenta, María Teresa Fernández de la Vega, con esta actuación impedirase xudicialmente a concorrencia de ambas as dúas formacións ás eleccións xerais do 9 de marzo.

O acordo do Goberno foi adoptado unha vez que se probou de "forma clara e contundente" a súa vinculación con Batasuna, e fíxose "en tempo e forma, coas probas na man" e dende o "estrito cumprimento das garantías e dos procedementos democráticos de legalidade", dixo De la Vega.

Concretamente o Consello de Ministros deu permiso para "exercitar as accións que resulten procedentes para instar a declaración de ilegalidade ou de improcedencia de continuidade ou sucesión de Batasuna, dos partidos políticos PCTV-EHAK e ANV-EAE, asegurando en especial que se impida xudicialmente que concorran ás eleccións xerais do 9 de marzo".


Ligazóns

1/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: