Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O senador galego non acudiu á votación

O PP vota contra a proposta para o Constitucional que o propio Fraga achegou en 2002

O daquela presidente da Xunta, propuxera que os parlamentos autonómicos puidesen propoñer candidatos para o Tribunal Constitucional. Malia a oposición do PP, unha idea similar saíu agora adiante.

Redacción - 09:00 22/11/2007

Na pouco construtiva liña estratéxica que na carreira final da lexislatura estatal está despregando o PP, non parecen caber tampouco propostas que os populares aceptaban considerar noutros momentos.

Así por exemplo, hai xa cinco anos que Manuel Fraga facía súa unha idea xurdida do ámbito de diversas formacións nacionalistas ao respecto da designación de xuíces para o Tribunal Constitucional. Daquela, Fraga subliñaba o seu apoio á posibilidade de que o Parlamento galego puidese facer proposta de maxistrados para este tribunal.

Así, Fraga optou esta semana por non estar no seu asento do Senado o día en que o PP lle dera orde aos seus senadores de votar contra a proposta que, recollendo esa mesma idea, debateu a Cámara Alta. Con todo, o voto do resto de formacións garantiu a aprobación da iniciativa. Ao Senado tócalle escoller catro novos xuíces para o Constitucional o próximo 16 de decembro. Aló, o PP poderá bloquear a escolla, xa que é necesaria unha maioría de tres quintas partes da cámara.

O senador do BNG, Francisco Jorquera, considerou "incomprensíbel" que o PP rexeite unha reforma que xa presentara Manuel Fraga como presidente da Xunta en maio de 2004. Por outra parte, Jorquera destaca que o pleno do Senado aceptase finalmente iniciar a reforma do artigo 184 do regulamento da cámara, e sinala que o acordo foi posíbel grazas a unha emenda de consenso presentada polo Bloque que facilitou o consenso cara ao novo método de elección dos maxistrados, no que se da cabida aos parlamentos autonómicos.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: