O seminario inclúe cursos sobre posicionamento en internet e avaliación de páxinas web.
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) colabora na organización do Seminario de Turismo e Novas Tecnoloxías, o primeiro sobre esta temática que se organiza en Galiza. A cita é entre o 17 e o 19 de outubro no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
O obxectivo da organización é “dar coñecer experiencias nas que grazas á incorporación das novas tecnoloxías da comunicación se creou un novo produto turístico con valor engadido”. Así, un dos proxectos que se presentará será o de "Desenvolvemento de rutas GPS para o turismo rural", que se atopa en fase de implantación en Ames.
Formación práctica
Tamén haberá formación especializada. Así, o día 19 haberá un taller sobre como posicionar unha web en internet e outro sobre como contratar con garantías a elaboración dunha páxina web.
Máis información no portal da Consellería de Industria, que é a responsábel da organización.