Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
triatlón

O dominio do Cidade de Lugo notouse na casa

O clube lugués proclamouse na fin de semana campión estatal de clubes. Notouse que o equipo xogaba na casa e o apoio da afección.

Redacción - 11:57 25/06/2007

O Cidade de Lugo Fluvial cumpriu os prognósticos e proclamouse o domingo campión da Liga Estatal de Clubes de Triatlón, tanto o equipo feminino como o masculino.

Segundo ficou o Bricoblock-Esproten-Tritoledo e o T3 Real Canoe NC, terceiro en mulleres. Nos homes o CN Reus Ploms e o CN Mataró quedaron segundo e terceiro, por detrás dos galegos.

O galego Gómez Noya, gañador da Copa do Mundo 2006 e líder da actual, gañou na proba individual, por diante do coruñés David Castro e do pontevedrés Óscar Vicente. A sevillana María Pujol do Cidade de Lugo gañou a proba individual das mulleres, que consistía, como a dos homes, nun de 750 m. a nado, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: