Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto da Universidade de Zagreb

Adestran abellas para detectar minas en Croacia

O país segue afectado por miles de explosivos que se esparexeron durante a guerra dos Balcáns.

Redacción - 13:10 30/05/2007
As abellas adestradas detectan as minas antipersoais

As abellas adestradas detectan as minas antipersoais

A Universidade de Zagreb está a desenvolver un novo método para atopar as minas que aínda inzan os chans de Croacia. Os riscos que estas bombas supoñen para a poboación obrigaron os investigadores a atopar solucións imaxinativas. E, nun país con gran tradición na apicultura, as abellas convertéronse nunhas importantes aliadas.

O profesor Nikola Kezić tivo a idea de empregar os insectos que fabrican o mel para detectar as minas que aínda non atoparon os equipos antiexplosivos. As abellas adéstranse nunha tenda onde se lles ensina a relacionar o aroma da comida co do TNT.

Unha vez remate o proceso de adestramento, os animais ceibaranse nas zonas supostamente limpas de minas para ver se detectan algún explosivo máis. Se a técnica ten éxito, estenderase a outras zonas dos Balcáns, afectadas polo mesmo problema. Calcúlase que máis de mil quilómetros cadrados de Croacia están afectados por arredor de 250.000 minas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: