Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
O Salnés

Vilagarcía: o PSdeG terá que pactar para manter a alcaldía

O Partido Popular acada os mesmos concelleiros ca o PSdeG-PSOE, 7, aínda que con menos votos. Espectacular ascenso de Esquerda Unida, até os 3 escanos, empatado co BNG, que descende lixeiramente. Os independentes do IVIL quedan cun só representante.

Redacción - 22:38 27/05/2007

En Cambados, o PP conserva a maioría absoluta pola mínima, con 9 edís, fronte aos 5 do PSdeG-PSOE e os 3 do BNG. No Grove, seis partidos acadan representación: O PP vence (7), seguido dos socialistas (4), BNG (3), e cadanseu concelleiro para A Meca, Partido Galeguista e Esquerda Unida. En Vilanova, o PP mantén a súa avultada maioría absoluta (11) fronte a 3 representantes do PSdeG e do BNG.

Os socialistas acadan a maioría absoluta na Illa, con 6 edís, contra 4 do Partido Popular máis un do BNG. En Sanxenxo, o PP conserva a maioría absoluta que tivera Telmo Martín: acada 9 concelleiros, A primeira forza da oposición é o BNG, con 4, seguido do PSdeG-PSOE, con 3, e VIPS, con 1. Catoira tamén mantén a maioría absoluta socialista: 6 edís, máis 4 do BNG e só 1 do PP.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: