Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Os bispos entran en campaña pedindo "bo criterio" á hora de votar

Ínstanlles a elixir a súa opción "libremente", mais sen "arbitrariedade e indiferenza", para que o seu voto sexa "gardián" da "saúde moral e cultural" da sociedade.

Redacción - 13:51 18/05/2007

Os bispos da igrexa católica de Galiza emprazaron este venres aos galegos a acudir a votar o próximo 27 de maio, como un dereito que non deben "dispensar, a non ser por motivos graves". Ademais, instáronlles a elixir a súa opción "libremente" -mais sen "arbitrariedade e indiferenza"-, e facendo uso dun "bo criterio" para que, finalmente, o resultado do seu voto sexa "gardián" da "saúde moral e cultural" da sociedade.

Así o defenden nunha carta coa que pretenden lembrarlle aos seus diocesanos "algunhas orientacións morais" á hora de que decidan "libremente" o seu voto. Porén, insisten na importancia de que se exerza "con liberdade e responsabilidade", o que, ao seu xuízo, esixe un discernimento "claro e razoado" sobre os programas das diferentes opcións políticas que se presentan ás urnas. "Ter unha información correcta e contrastar a credibilidade e a capacidade profesional dos candidatos serán un punto de referencia", avogaron.

Xa que logo, aconsellan os cidadáns a que, antes de decidir o seu voto, "extremen o rigor e a esixencia" dos candidatos, aos que tamén emprazan a que "renuncien" ás descualificacións "gratuítas", e ás "actitudes demagóxicas, talvez cegadoras mais non iluminadoras". Nesta mesma liña, piden unha campaña "serena" nos modos e "expresiva" nos contidos, xa que consideran que "axudará a que os cidadáns decidan a súa opción política".

Respecto aos adversarios políticos

Precisamente, e con este obxectivo de axudar "no discernimento responsábel que esixe o acto de votación", os bispos galegos avogan por que os galegos se deixen guiar por "signos" como a "transparencia e a imparcialidade" no servizo da administración pública; o respecto dos dereitos dos adversarios políticos; e o rexeitamento dos medios "equívocos ou ilícitos para conquistar, manter ou aumentar o poder a calquera prezo".

Finalmente, os bispos galegos agradecen aos políticos a súa "adicación e entrega" a través da xestión dos asuntos públicos "en favor de todos", e anímanos a ofrecer este servizo con "dispoñibilidade, competencia, honradez e xenerosidade".


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: