Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
A XUNTA PRESENTARALLO Á UE O MES QUE VÉN

O plan de saneamento proxecta que a ría viguesa estea limpa en 2011

Unha década despois dos primeiros avisos de Bruxelas, á fin hai na mesa un plan concreto para limpar a ría de Vigo. A millonaria multa con que ameazaba a administración europea axilizou os trámites da Xunta e, o mes de marzo, a UE poderá estudar o plan avanzado este luns polo goberno. Segundo explicou o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, será necesario un investimento total de 209 millóns de euros, incluíndo a obra clave: a nova depuradora en Lagares, que vai custar 180 millóns.

- 17:47 06/02/2007
Tags:

A obra da depuradora, que ocupará os predios onde xa está a actual, non comezará até 2008, e a administración fixouse como prazo para finalizar a construción finais de 2010 ou, como moi tarde, mediados de 2011. Na presentación do proxecto, o conselleiro criticou a lentitude de resposta do goberno anterior, lembrando que hai case dez anos que a UE avisara dos problemas de saneamento da ría viguesa.

A Xunta confía en que o problema ambiental no contorno da ría desapareza na altura de 2011, unha vez que estea en funcionamento a depuradora principal. Ademais, outras dúas ducias de actuacións serán necesarias, incluíndo novos puntos de depuración de augas en baiona, Cangas, Redondela e Soutomaior.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: