Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALTA DE INFORMACIÓN SOBRE OS APOIOS

Tres de cada catro emigrantes viven alleos aos centros galegos no exterior

Un 75% dos galegos residentes no exterior non se integran na actividade, nin acoden a facer uso das propostas ou programas de axuda que os centros galegos nos países de acollida lles ofrecen. A falta de información non só sobre a existencia destes puntos, senón sobre a programación e os apoios aos que a través deles poden acceder, explica esta situación, segundo relatou en Bos Aires o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez.

- 07:57 05/12/2005
Tags:

O responsábel de Emigración do bipartito reprochoulle ao anterior goberno a "débil estrutura das canles de información para penetrar na colectividade" e asegurou que será obxetivo prioritario a corrixir para "garantir o acceso á información a toda a colectividade que non forma parte do tecido asociativo emigrante" prometendo ademais "mellorar e ampliar a rede de información" para garantirlle unha maior difusión aos programas e axudas da Xunta, "para que dese xeito opte á participación en igualdade de condicións toda a colectividade galega".

Ao tempo, subliñou que a revisión da Lei de Galeguidade, que será impulsado durante o ano 2006, "pretende adecuar a dinámica organizativa dos centros á realidade social" e destacou moi especialmente a necesidade de que esa revisión responda tamén a unha realidade "onde a muller gaña cada vez máis representatividade", reivindicando para as mulleres galegas no exterior "unha maior presenza social e política da desenvolta ata o de agora relegada ás veces polos estatutos antigos e desfasados que regulan o funcionamento dalgúns centros".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: