O BNG reclamará na Comisión de Xustiza e Interior do Congreso cunha proposición non de lei, que o Goberno elimine algúns atrancos procedementais que dificultan a adaptación dos apelidos ás súas formas galegas.
O BNG trata de que queden sen efecto
as ordes dictadas pola Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, que 'están na práctica a dificultar a adaptación ó galego, catalán e
vasco dalgúns apelidos'.
Para o BNG, a regulamentación actual
obriga os encargados dos distintos rexistros civís a acudir
a uns procedementos que 'son precisamente os que se empregaban antes de que o Congreso aprobase en 1999, unha reforma da Lei de Rexistro Civil', en
virtude da cal se podía obter a adaptación á forma galega dos
apelidos cunha simple petición administrativa.
O BNG considerou que a acreditación da procedencia, ou non, da
adaptación do apelido só é precisa cando 'a necesariedade da mesma
non fose notoria', e polo tanto, avogou por que non se debe esixir,
'como actualmente acontece', con todos aqueles casos en que a
deturpación da forma orixinaria é evidente.